Á aplicación se accede a través do enlaces dispostos a tal efecto en XXXXXXXXXXXXXX e XXXXXXXXXXXXXX. Se amosará a seguinte páxina web:
Ésta páxina, ademais de amosar na parte inferior da mesma enlaces a diferentes información de utilidade, presenta as dúas formas de acceso: con certificado ou con identificador.
Si vostede dispón dun certificado electrónico válido da FNMT, poderá acceder á aplicación pulsando co rato sobre a icona . En función do nivel de seguridade que teña indicado no navegador ou certificado, o sistema lle poderá pedir que confirme dito acceso ou que introduza una contrasinal (PIN) de protección do certificado.
Si se cumpren as condicións solicitadas polo sistema, accederá á pantalla de Xestión das solicitudes descritas no apartado 3.
Á aplicación tamén se pode acceder mediante a introdución do documento (e o tipo – CIF NIF, NIE) dende o recadro ‘Acceso con Identificador’.
Si o documento introducido ten un formato válido, ao pulsar o botón Aceptar, accederá á pantalla de Xestión das solicitudes descritas no apartado 3. En caso contrario, se lle amosará unha mensaxe informando do erro:
Unha vez se accede á aplicación a través dalgunha das opcións descritas no apartado 2, se amosará unha das seguintes pantallas:
Pantalla amosada nos accesos con certificado electrónico
Pantalla amosada nos accesos con identificador
Tanto a pantalla que se amosa ao acceder con certificado como a pantalla visualizada ao acceder con identificador, se subdivide en 3 partes:
· Cabeceira
Ou
A cabeceira amosa, ademais dos logotipos do Rexistro Galego de Eficiencia Enerxética, do INEGA e da Consellería de Economía e Industria - Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas:
- A dirección de correo electrónico de contacto para as posibles dúbidas,
- O seu nome se accedeu con certificado electrónico ou o identificador do documento se accedeu deste xeito.
- Un enlace a través da icona para pechar a sesión de traballo e volver á páxina de acceso.
· Filtros de búsqueda e alta de solicitudes
Ou
Dende este apartado, poderá:
- Localizar solicitudes, mediante a introdución dunha serie de filtros:
o Localizador: código único que se xera a primeira vez que garde unha nova solicitude,
o Expediente: código único que asigna a Administración unha vez que inicie a tramitación,
o Nome do proxecto identificado ao dar de alta a solicitude,
o Provincia e concello do proxecto,
o Rango de datas entre as cales foi dada de alta a solicitude (primeira grabación)
o Referencia catastral da parcela obxecto do proxecto.
Unha vez introduza os filtros desexados, ao pulsar o botón , o sistema amosará as solicitudes localizadas na lista de solicitudes.
NOTA: Todas as búsquedas se farán unicamente sobre as solicitudes asociadas ao identificador co que accedeu á aplicación ou ao NIF asociado co certificado electrónico. Para garantir a privacidade da información, nos accesos con identificador a búsqueda de solicitudes está limitada á introdución ou ben do localizador ou ben do código do expediente.
- Crear una nova solicitude a través do botón .
Pulsando este botón, se lle amosará a pantalla de Nova Solicitude descrita no apartado 5 - Nova solicitude de este documento.
- Consultar unha axuda en detalle a través da icona
· Lista de solicitudes
Neste apartado, se amosarán os resultados da búsqueda de solicitudes realizada. Se accedeu con certificado electrónico, o sistema amosará automaticamente a información dispoñible de todas as solicitudes relacionadas co seu NIF ao acceder ao sistema:
Cada unha das liñas amosa información relativa a cada solicitude, así como unha serie de enlaces para a realización de determinadas accións:
- Localizador, é o código único que se xera a primeira vez que garde unha nova solicitude.
- Expediente, é o código único que asigna a Administración unha vez que inicie a tramitación. Se amosará este valor si a solicitude está a ser tramitada na Administración.
- Nome do proxecto, e o nome que lle asignou ao proxecto no momento da alta.
- Data, e a data de alta da solicitude no sistema.
- CEE, identifica a tipoloxía do documento que se vai a rexistrar: ‘P’ si se trata dun CEE Proxecto ou ‘T’ si se trata dun CEE edificio terminado.
- Provincia, a provincia do proxecto.
- Concello, o concello do proxecto.
- Ref.Catastral, a referencia catastral da parcela do proxecto.
- Estado, identifica o estado actual no que se atopa a solicitude. Os estados poden ser:
o Borrador. É o primeiro estado que ten unha solicitude. Neste estado, pode modificar ou cumprimentar de xeito progresivo (en momentos e incluso días diferentes) unha solicitude.
o Validado. Ao tramitar unha solicitude, se non se atopan erros de consistencia e están cubertos todos os datos requiridos, una solicitude pasa a este estado. Neste estado, vostede aínda poderá modificar a información da solicitude, en cuxo caso pasará de novo a estado borrador.
o Firma autor CEE. Neste estado, a información dos anexos II, A, B ou C, están pendentes de que o autor da cualificación (proxectista / dirección de obra) os asine electronicamente (só no caso de presentación telemática).
o Firma promotor. Neste estado, a solicitude está pendente de ser asinada electronicamente por parte do promotor (só no caso de presentación telemática).
o Pago taxas. Neste estado, a solicitude está pendente da realización do pago telemático das taxas (só no caso de presentación telemática).
o Enviada. Neste estado, a solicitude o a emenda está pendente da súa recepción na Dirección Xeral de Industria Enerxía e Minas. No caso de querer comprobar se se trata dunha solicitude ou dunha emenda haberá que consultar a icona Historial.
o Recibida. Neste estado, a solicitude ou emenda está recepcionada. No caso dunha nova solicitude, neste intre xa dispón dun número de expediente. Se atopa pendente de ser verificada.
o Verificada. Neste estado, a solicitude é considerada correcta e está pendente do seu rexistro no RGEE.
o Emendar. Neste estado, a solicitude é considerada incorrecta e ten defectos que se deben emendar, polo que xa se enviou a notificación pertinente. A información da emenda está dispoñible a través da icona Historial. .
o Denegado. Neste estado, a emenda non se resolveu de xeito correcto, polo que se solicita a resolución desfavorable. A solicitude pasa a estar pendente de ser notificada desfavorablemente.
o Rexistrado. Neste estado, a solicitude se atopa rexistrada no RGEE, estando pendente unicamente da notificación ao interesado.
o Notificado. É o último estado da tramitación, no que se lle informa ao interesado da resolución á solicitude.
- Historial. A través da icona , se lle amosará una pantalla en donde poderá visualizar o historial do expediente: datas de execución de cada trámite, así como consultar a documentación remitida á Administración e a recibida da mesma.
- Solicitude. A través da icona , vostede poderá en calquera momento visualizar o formulario coa información cumprimentada a través da aplicación. Si a solicitude se atopa nos estados ‘borrador’ ou ‘validado’, o documento se amosará cunha marca de auga informando de que dito documento non é válido para a súa presentación.
- Editar. A través da icona , se amosará a pantalla de captura de información da solicitude. Dita información se poderá modificar si a solicitude se atopa nos estados ‘borrador’, ‘validado’ ou ‘emendar’; en calquera outro estado, a información só se poderá consultar. Ver apartado 6 para máis información.
- Tramitar. A través da icona , se amosará a pantalla de tramitación. A pantalla amosada variará en función do estado actual da solicitude. Se intenta tramitar unha solicitude cuxa tramitación corresponde á Administración, se lle amosará una mensaxe na pantalla informando de este feito:
Ver apartado 7 para máis información sobre a tramitación.
Neste apartado vaise a describir de xeito xeral como operan as pantallas de captura de información, así como a descrición dos tipos de campos que nos podemos atopar, e como distinguir cales son de cumprimentación obrigatoria e cales de cumprimentación opcional.
As pantallas de captura de datos, están formadas por catro áreas:
· Cabeceira
A información que se amosa na cabeceira das pantallas de captura de datos e a mesma que a cabeceira da Pantalla principal: xestión das solicitudes, coa única salvedade de que en esta cabeceira se amosa tamén a icona . Ao pulsar sobre dita icona, se lle ofrecerá información detallada dos campos a cumprimentar da pantalla amosada.
· Menú dos formularios a cumprimentar
A continuación da cabeceira, se amosa unha área de botóns, e a título informativo na parte dereita da pantalla o nome do proxecto e o seu estado ou, si se trata dunha alta dunha nova solicitude, a lenda ‘Alta de nova solicitude’.
O número de botóns amosados, pode variar en función de si estamos a dar de alta unha nova solicitude ou si estamos a modificar unha solicitude existente e tamén de si se ten a información precisa para a súa visualización.
Exemplos de menús:
- Menú amosado na pantalla de alta:
- Menú amosado na modificación dun expediente:
- Menú amosada na modificación, si está a opción simplificada marcada, e se introduciu información das etiquetas:
Os botóns referidos á información a cumprimentar nos anexos II, A, B ou C, dispoñen á sua vez de botóns de submenú, para facilitar a cumprimentación por áreas:
Menú activo
Pola cor do botón do menú e, se é o caso, do botón do submenú, se pode saber que información se está a tratar en cada momento.
- Botón de cor verde escuro ou , significa que é a pantalla activa. No caso amosado neste exemplo quere dicir que se está a tratar a información do ‘Anexo II’, na súa primeira parte.
- Botón de cor verde clara ou , significa que son pantallas accesibles, pero das que non se está a amosar información neste instante.
· Área de cumprimentación de datos.
É a zona na que se visualizan e cumprimenta a información relativa a cada documento ou anexo. A través da icona accesible en cada unha das pantallas, se amosará información detallada da información a cumprimentar. No apartados 4.2 e 4.3, se explican os diferentes tipos de campos, así como a diferenciación de qué campos son de obrigatorio cumprimento.
· Botonera.
É a zona situada no pé de cada unha das páxinas. Pode variar lixeiramente dunha pantalla a outra (ver a axuda en cada unha das páxinas), pero en xeral:
- A icona sae da pantalla actual e amosa a pantalla de captura de información anterior, sen gardar cambios. Por exemplo, si está na pantalla de Anexo II - segunda pestaña, amosará a pantalla correspondente ao Anexo II - primeira pestaña.
- A icona sae da pantalla actual e volve á Pantalla principal: xestión das solicitudes, sen gardar cambios.
- A icona sae da pantalla actual e amosa a pantalla de captura de información seguinte, sen gardar cambios. Por exemplo, si está na pantalla de Anexo II - segunda pestaña, amosará a pantalla correspondente ao Anexo II - terceira pestaña.
- O botón garda na base de datos os cambios realizados. Teña en conta que a información cuberta ou modificada na área de cumprimentación de datos, precisa a súa salvagarda, que se garante ao pulsar este botón.
Si o estado da solicitude impide a edición da información dos formularios, o botón se amosará desactivado.
En esta pantalla se poden observar os diferentes campos para a captura de información:
· Textos e números. Son campos do xeito:
En función do campo, só aceptará a introdución de números (p.e. o código postal ou o teléfono).
· Datas. Son campos do xeito:
É similar aos campos de tipo texto, pero coa icona a continuación.
A introducción da data se pode facer introducindo directamente a mesma en formato dd/mm/aaaa (p.e. 25/08/2010), ou seleccionando a data pulsando a icona , que amosará un pequeno calendario, a través do cal se pode seleccionar a data desexada (os botóns y cambian o ano e os botóns y modifican o mes. A data se selecciona pinchando co rato sobre a desexada):
· Listas de valores. Son campos do xeito
Ao pulsar sobre o botón , se extende unha lista cos posibles valores:
· Opcións excluíntes. Son campos relacionados entre sí, pero dos que só se pode seleccionar un dos posibles valores. Por exemplo, o campo referido ao tipo de documento que se rexistra, só pode ter o valor CEE Proxecto ou CEE Edificio terminado. Cando se selecciona un dos valores, automáticamente se deselecciona o outro (nunca poden estar os dous marcados).
ou
· Opcións múltiples. Son campos que aínda que están relacionados entre si, non son excluintes. Por exemplo, a información relativa á autorización de notificación, pode ter os valores ‘Por correo electrónico’ e/ou o valor ‘Por correo ordinario’.
Ademais da tipoloxía de campos descritos, os campos poden ter un cor amarelo de fondo, o que indica que se trata dun campo de obrigatorio cumprimento, ou un fondo branco que indica que se trata de campos de cumprimentación opcional.
- Campo obrigatorio
- Campo opcional
Dende a Pantalla principal: xestión das solicitudes, a través do botón , vostede pode en calquera momento dar de alta unha nova solicitude. Se amosará a seguinte pantalla:
Unha vez cubertos os datos da pantalla de solicitude (a lo menos os datos identificados no seguinte apartado 5.2), ao pulsar o botón , se gardará a información introducida e se amosará unha mensaxe confirmando a operación, ademais de amosar o localizador da mesma.
É moi importante que anote este referencia; si desexa continuar coa modificación ou tramitación da solicitude en outro momento, e non dispón de certificado electrónico. O localizador é o único xeito de recuperar a información gardada con anterioridade.
Ao pulsar o botón , o sistema redirixirá a solicitude automaticamente á opción de modificación da mesma.
Lembre que a través da icona accesible na pantalla, se amosará información detallada da información a cumprimentar.
A aplicación permite unha cumprimentación progresiva da información precisa para a presentación dunha solicitude. Isto supón que, si o desexa, vostede pode por exemplo un día cumprimentar a información da pantalla de solicitude, e ao día seguinte introducir a información do anexo II sen perder a información previamente cuberta.
As solicitudes que están no estado borrador (o estado que se lle asigna a unha solicitude no momento de a dar de alta, e mentres non se tramita a mesma), se poden modificar engadindo, modificando ou eliminando datos. Non obstante, hai unha serie de datos mínimos que se requiren no momento de gardar a solicitude por primeira vez, sin o cales o sistema non gardará a mesma. Estes datos mínimos, referidos todos eles á identificación do proxecto, son:
- Nome do proxecto
- Tipo de documento que se rexistra (CEE Proxecto ou CEE Edificio Terminado)
- Provincia e concello do proxecto
No momento de pulsar o botón , se algún destes campos non está cuberto, se amosará a lenda ‘O campo é requirido’ a continuación do campo requirido:
Dende a Pantalla principal: xestión das solicitudes, a través da icona , situado en cada unha das liñas da lista de solicitudes, vostede pode consultar ou modificar (si o estado o permite) a información dunha solicitude. Se amosará a seguinte pantalla:
A estrutura da pantalla é a descrita no apartado 4 - Estrutura das pantallas de captura de datos. A información de captura de cada un dos documentos ou anexos, está descrito con detalle a través da icona accesible dende cada unha das pantallas.
Dende a Pantalla principal: xestión das solicitudes, a través da icona , situada en cada unha das liñas da lista de solicitudes, vostede accederá á pantalla de tramitación da solicitude, sempre que dita solicitude non se atope nun trámite dependente da Administración, en cuxo caso se lle amosará unha mensaxe informativa, do xeito:
En outro caso, accederá ás pantallas de tramitación. As pantallas de tramitación, teñen a seguinte imaxe:
A cabeceira da pantalla, e a mesma que a cabeceira descrita na Pantalla principal: xestión das solicitudes. A continuación, amósase a área propia de cada trámite, como se explica no seguinte apartado 7.1 - Pasos a realizar polo solicitante, e por último unha área informativa dos pasos a realizar para o rexistro dunha solicitude dende a cumprimentación da mesma ata a notificación por parte da Administración da resolución da mesma.
Descrición da imaxe dos pasos a realizar para o rexistro dunha solicitude:
Hai dous grupos de pasos: os que debe realizar o solicitante (promotor) ou os pasos a realizar por parte da Administración. Ditos pasos se diferencian na imaxe en dous bloques claramente diferenciados:
Pasos a realizar polo solicitante:
Pasos a realizar por a administración:
Cada un dos pasos, á súa vez, está enmarcado nunha caixa. Dita caixa, en función da cor da mesma, significa:
- Caixa de cor gris , paso aínda non realizado.
- Caixa de cor verde , paso realizado.
- Caixa de cor amarela , paso que se está a realizar.
Hai certos casos no que os pasos non se realizan en secuencia, senón que dependen da opción elexida nun determinado paso anterior. En estos casos, o posibles fluxos se amosan en liñas paralelas. Este é o caso, por exemplo, da bifurcación que se establece unha vez elexida a opción de envío; si se selecciona a remisión presencial da solicitude, o paso seguinte é ‘trámites manuais’, mentras que si a opción elexida e a presentación telemática, o seguinte paso será a firma do autor do CEE.
· Cumprimentación. Éste paso é o correspondente aos estados ‘borrador’ e ‘emenda’. Sempre aparecereá como marcado xa que é o estado mínimo posible para una solicitude.
· Validación. É o paso no que o sistema vai a comprobar si a información que se vai a remitir está cuberta na súa totalidade (campos obrigatorios) e tamén realiza unha serie de validacións cruzadas.
Como se observa na imaxe, en este trámite as únicas accións posibles son ou ben volver á pantalla principal de xestión das solicitudes (botón ), ou ben validar a información da solicitude a presentar (botón ).
Si a validación é CORRECTA, a solicitude pasará a estado validado. Se amosará a pantalla do seguinte paso: Opción envío. Lembre que no estado validado aínda se pode modificar a información da solicitude e dos anexos, polo que o emprego de este paso de validación, nos pode servir para a realización das comprobacións previas da información a remitir, sen que nos bloquee posibles revisións e modificacións posteriores.
Si a validación é INCORRECTA, a solicitude se manterá no estado borrador ou emenda, se amosará a pantalla de modificación de solicitude é, nunha ventana superposta, unha pantalla cos erros atopados:
Esta pantalla de errores se pode imprimir a través do botón situado na parte inferior dereita da mesma.
· Opción de envío. Unha solicitude validada, está lista para a o seu envío á Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas no caso de que sexa a primeira vez que se remita dita solicitude, ou ao INEGA, no caso de que sexa a corrección dunha emenda. Se amosará a seguinte pantalla:
Dende esta pantalla, vostede deberá elixir si desexa optar por unha remisión presencial da solicitude, seleccionando a opción , ou a remisión telemática da mesma a través da opción . Para optar pola presentación telemática, deberá dispoñer dun certificado electrónico válido.
É importante sinalar que UNHA VEZ OPTE POLA REMISIÓN PRESENCIAL OU TELEMÁTICA, NON PODERÁ CAMBIAR DITA OPCIÓN PARA A TRAMITACIÓN DE ESA SOLICITUDE, NEN REALIZAR MODIFICACIÓNS DOS DATOS. De feito, de estar en este paso debido ao envío dunha emenda de defectos, non poderá modificar a opción de envío introducida a primeira vez.
Na pantalla se amosa un enlace a través da icona , onde poderá visualizar a solicitude que se vai a remitir, e así garantir que o que vai a enviar esté correcto. Así mesmo, se amosa o código e o importe das taxas que deberá pagar, así coma un enlace a un exemplo de cumprimentación do formulario de tasas, no caso de que opte por a presentación presencial.
Unha vez pulse no botón , a solicitude pasará a estar no estado:
- firma autor CEE, no caso de seleccionar a opción de remisión telemática, ou no estado
- enviada, si se optou pola presentacion presencial. Neste caso, os pasos Trámites manuais e enviada marcaranse como feitos (en cor verde no fluxo de tramitación), xa que ao tratarse de dous pasos a realizar de xeito manual, o sistema non pode coñecer o momento en que os realiza, e estará pendente da recepción da documentación procedente dun rexistro ordinario.
· Firma autor CEE. No caso de optar no paso de Opción de envío, por a remisión telemática, o autor da cualificación (proxectista / Dirección de obra) deberá asinar electronicamente o documento relativo ao anexo II e o anexo A, B ou C e visalo. Este paso está en fase de desenvolvemento.
· Firma promotor. No caso de optar no paso de Opción de envío, por a remisión telemática, unha vez o autor da cualificación teña asinada electrónicamente o documento relativo ao anexo II e o anexo A, B ou C, deberá vostede tamén asinar dita información, ademais do documento de solicitude (anexo I). Este paso está en fase de desenvolvemento.
· Pago taxas. No caso de optar no paso de Opción de envío, por a remisión telemática, unha vez asinada a documentación, deberá pagar de xeito telemático as taxas correspondentes. Este paso está en fase de desenvolvemento.
· Trámites manuais. No caso de optar no paso de Opción de envío, por a remisión manual, deberá:
- Imprimir o documento de solicitude, accesible na lista de solicitudes da páxina principal,
- Asinar e visar de xeito manual pola súa parte e por parte do autor da cualificación, a documentación,
- Realizar o pagamento das taxas, cubrindo o modelo AI
- Preparar o CD coa documentación e co formato que se establece no artigo 9 da orde.
· Envío. En función do xeito de enviar a documentación seleccionada no paso de Opción de envío:
- Remisión manual, deberá presentar nun rexistro oficial dirixido á Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, toda a documentación indicada no paso trámites manuais si se trata dunha nova solicitude, ou ao INEGA a documentación a emendar no caso de que se trate da corrección de erros.
- Remisión telemática. Este paso está en fase de desenvolvemento.